Saltar ao contido

Stefan Olsdal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaStefan Olsdal

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento31 de marzo de 1974 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Gotemburgo, Suecia Editar o valor en Wikidata
EducaciónMusicians Institute (pt) Traducir
International School of Luxembourg (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaixista, compositor de cancións, guitarrista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1992 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoRock alternativo e indie rock Editar o valor en Wikidata
InstrumentoBaixo, guitarra, voz, baixo, teclado e Batería Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoPlay It Again Sam (mul) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webplaceboworld.co.uk Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0647578 Facebook: DIGITAL21andSTEFANOLSDAL Twitter: stefanolsdal Instagram: stefanolsdal Musicbrainz: d9a4caf6-9b71-4be1-901f-017f4b40b905 Discogs: 465649 Allmusic: mn0000547186 Editar o valor en Wikidata

Stefan Olsdal, nado coma Stefan Alexander Bo Olsdal o 31 de marzo de 1974 en Gotemburgo (Suecia), é o baixista/guitarrista da banda de rock alternativo Placebo e tamén forma parte de Hotel Persona.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Olsdal trasladouse a Luxemburgo cando era novo e foi á American International School of Luxembourg xunto co seu compañeiro de banda Brian Molko (aínda que os seus camiños non se cruzaron nese momento). Olsdal comezou a tocar na orquestra da escola no ano 1987. Completou a educación secundaria en Suecia e mudouse a Londres cos seus pais, onde asistiu ao Musicians Institute.

Olsdal atopouse con Molko de casualidade no exterior da estación de metro de South Kensington. Os dous formaron Ashtray Heart, un dúo de lo-fi, tocando instrumentos de xoguete. Compuxeron catro temas, pero decidiron formar unha banda seria, polo que convidaron a Steve Hewitt que non podía estar na banda porque asinara con outro selo discográfico. Despois diso Olsdal convidou ao antigo compañeiro Robert Schultzberg (que nese momento atopábase estudando no Reino Unido) para que se unise como batería de Placebo (Hewitt substituiríao posteriormente).

Xunto con Molko está acreditado como coautor de todos os temas da banda ata a data (agás "Ashtray Heart" do álbum Battle for the Sun composta só por Molko), e como coprodutor de Black Market Music e algunhas caras-b.